O cadete conseguiu un traballado triunfo a domicilio

www.sdchantada.com/ 23-02-14
O cadete venceu por 3-4 ó Celanova nun encontro que os de Juan dominaron no seu maior tramo, pero no que non conseguiron o tanto do triunfo ata a falta de dous minutos para o remate do encontro.

O encontro comezou con dominio local, pero unha vez que os nosos se sacudiron o este arranque do Celanova comezaron a xogar ben ata que chegou o 0-1 nunha gran xogada colectiva culminada por Povis cun gran cabezazo. Os nosos atopábanse cómodos e sólidos no terreo de xogo, e con este marcador se chegou ó descanso.

No minuto 2 da reanudación os locais igualaban o encontro, pero case sen tempo para a reacción Ulloa poñía de novo por diante ós nosos no marcador. Poucos minutos despois, Povis repetía para facer o 1-3.

Con este marcador os chantadinos atopábanse cómodos no campo, pero inexplicablemente dous goles nun minuto, no 65, igualaban o encontro. A partir de aquí creceron os locais, pero os chantadinos souperon aguantar eses minutos de sufrimento e aproveitaron a súa opción no minuto 78, cando unha gran xogada de Povis facía o definitivo 3-4.