O Chantada visita ó Galicia Mugardos o domingo ás 5

www.sdchantada.com/ 25-02-14
O Chantada mídese a domicilio ó Galicia Mugardos este domingo ás 5 da tarde. Os de Óscar, logo de caer ante o Negreira, tratarán de seguir coas boas sensacións dos últimos encontro e buscarán dar a sorpresa ante o terceiro clasificado

O Mugardos suma 47 puntos, 16 máis que os chantadinos, que son 13º. No partido de ida o Chantada conseguiu unha épica victoria por 3-2 remontando nos últimos minutos, polo que os nosos tratarán de repetir fazaña nun campo no que nas últimas tempadas conseguiron puntuar, para tratar de seguir sumando e non achegarse á zona baixa da táboa.