O Chantada B recibe ó Castroverde este sábado ás 4

www.sdchantada.com/ 25-02-14
Tras saldar as compricadas saídas a Santa Comba e Rubián sumando só un punto, o Chantada B volve ó Sangoñedo este sábado ás 4 da tarde para medirse ó Castroverde na 23ª xornada do campionato ligueiro. Tras estes tropezos, os de Juan cederon a segunda praza en favor do Chantada Atlético, polo que saben que deberán reatoparse co triunfo se queren seguir pelexando por esa segunda posición.

Ata o de agora, os chantadinos só cederon tres puntos como locais, polo que tratarán de seguir facendo un fortín do Sangoñedo, aínda que saben que non o terán nada fácil, pois o Castroverde derrotounos no encontro de ida por 2-0. Os visitantes son 11º con 26 puntos e veñen de igualar como locais a un tanto ante o Brollón.