O xuvenil, a recuperar a boa senda ante o Santa Teresita

www.sdchantada.com/ 25-02-14
O xuvenil recibe este sábado ás 6:15 da tarde ó Santa Teresita. Os de Dani, que veñen de sufrir a primeira derrota da fase na súa saída a Velle, e que no anterior partido empataran e cederan os primeiros puntos no grupo, deben volver ó bo camiño se queren manter a primeira posición.

Os nosos mídense a unha escadra que chegaba a este encontro na quinta praza con 16 puntos e que se está a xogar a clasificación para a fase de ascenso, o que convirte este nun encontro compricado para os de Dani, que con 25 puntos manteñen polo de agora a primeira posición, pero que viron cómo os seus rivais se achegaron na táboa.

Deste xeito os chantadinos tratarán de seguir facendo un fortín do Sangoñedo e sumar tres puntos importantes, ante un rival que chega despois de tres victorias seguidas e sete partidos sen perder.