O cadete recibe ó Velle B este sábado ás 12 da mañá

www.sdchantada.com/ 25-02-14
O cadete recibe este sábado ás 12 da mañá no Sangoñedo ó Velle B, segundo clasificado con 15 puntos, tres máis que os de Juan. É por elo que os nosos, que son quintos, teñen unha boa opción para igualar ós ourensáns e tratar de escalar algunha posición na táboa.

Na ida, nun mal partido chantadino, o Velle B venceu por 5-0, pero os nosos xa saben tamén o que é vencer a esta escadra, pois na primeira fase derrotárona por 2-0 no Sangoñedo.

É por elo que os de Juan agardan amosar a súa mellor versión e poder dobregar ó seu rival no terceiro enfrontamento da tempada.