O Chantada empata sen

 

 goles

 

www.sdchantada.com/ 29-08-15

 

O Chantada, que viña de vencer por 2-0 na primeira xornada ante o Xallas, empata sen goles no campo do Laracha nun partido no que primou a igualdade.

Na primeira metade un Laracha superior buscou atacar dende a posesión, pero sen crear moitas ocasións claras, disparos que atraparía Javi sen problemas.

Na segunda metade o Chantada saiu mellor e dominaría o encontro durante a primeira media hora. A primeira ocasión dos visitantes tería Kadete, despois de rematar unha xogada a balón parado que a defensa coruñesa sacaría o balón baixo paos.

Iago tamén disporía unha boa ocasión despois dun bo corner botado por Anxo que se marcharía cerca da portería do Laracha.

Na última xogada de encontro unha falta cerca da portería defendida por Javi poría en apuros os nosos pero o porteiro atraparía o balón sen problemas.

O Chantada segue asi na parte superior da táboa empatado a catro puntos co lider da categoría. O próximo encontro terá lugar no Sangoñedo ante o Arzúa do exadestrador do Chantada Montoto.