O Chantada B vence

 

nos dous encontros

 

do triangular

 

 

www.sdchantada.com/ 30-08-15

 

O Chantada B segue dando boas sensacións e volveu vencer nos dous últimos encontros antes do comezo de liga.

No triangular disputado no Sangoñedo entre os dous equipos de Chantada, Chantada B e Atlético, e o Sober.

No primeiro encontro enfrontaríanse o Chantada Atlético e Sober, partido no que os locais se impuxeron por 1-0 cun golazo de Fran desde o centro do campo.

No segundo encontro xa entrarían en xogo os nosos, contra o Sober, nun encontro moi trabado e case sen ocasións, no que Efrén, marcaría o gol despois dun fallo do porteiro visitante.

Por último chegaría o prato forte do triangular, o derbi local, no que o Chantada B se impuxo por 1-0 con gol de Xende tras un bo pase atrás de Rubén.

O Chantada Atlético empezou mellor o encontro tendo un par de ocasións a balón parado que rematarían Aitor e Rubén altas, e logo cunha xogada ben levada pola banda esquerda na que se tivo que lucir Ferreiro ante Álex.

A partir dos 20 minutos o Chantada atlético botaríase atrás e o Chantada B da man dun gran Michi ó ataque, despois dun par de ocasións de Javi Ramos tras xogada personal, chegaría o tanto de Xende logo dun gran centro de Rubén.

Co 1-0 os nosos puideron aumentar o resultado cunha boa triangulación entre Xende Javi e Michi que definiría este último contra a perna de Rubén.

O Chantada B rematou asi a súa pretempada con 4 victorias contra Incio, Ferreira, Sober e Atlético e un empate fronte o Rodeiro, e comezará a tempada a vindeira semana fronte o Santa comba a domicilio.