O CHANTADA B COMEZA

 

A LIGA EN SANTA

 

COMBA

 

 

www.sdchantada.com/ 04-08-15

 

O Chantada B comeza a liga nun escenario dificil, visita o domingo as 17:00 a un dos equipos máis fortes da liga, o Santa Comba.

Os de Marolas non coñeceron a derrota na pretemporada e buscarán que a xeira continúe na liga. O equipo, moi renovado, sobretodo na parcela ofensiva, buscará de novo loitar polo ascenso que se lle escapou o ano pasado nas últimas xornadas.