O CHANTADA B VENCE

 

CON GOL DE TRASTE

 

NO 90

 

www.sdchantada.com/ 07-08-15

 

O Chantada B comezou a liga con victoria no campo do Santa Comba, que levaba máis de dous anos e medio invicto na casa.

O Partido comezou parado e con moita agresividade sobretodo por parte dos futbolistas locais, que non deixaban que o xogo fluira.

A primeira ocasión do encontro chegaría nas botas de Rubén, despois dunha boa contra levada por Michi, que erraría no man a man contra porteiro local. Pouco despois, de novo Rubén, logo doutra boa contra levada á banda esquerda e un bo centro de Javi Ramos, fallaría so contra o marco rival, co porteiro xa batido.

Traste estrelaría un balón no poste cerca do descanso, nunha falta frontal botada por Isaac e unha boa peinada de Xende.

Logo do descanso os nosos baixaron o nivel, pero sin que o equipo local fixera moito dano ao marco defendido por Ferre, excepto nun centro dende a banda dereita que se envelenou e deu na parte superior do longueiro.

Pasado o minuto 70 de encontro un Chantada B físicamente superior comezou a atrasar as liñas locais, e comezaría a ter varias ocasións.

Chistian remataría un balón ao poste pouco despois de ingresar no campo, e Fornas erraría ante o porteiro unha boa ocasión despois dunha moi boa asistencia de Marros.

Chegando ao final do encontro, Rubén sería expulsado do banquillo despois de protestar unha falta por detrás sobre Xende cando se ía man a man co porteiro. A polémica chegaría porque o árbitro cortou a xogada cando Xende se dispoñia a dar un pase atrás dende dentro da área con 3 xogadores visitantes ó remate.

Xa no desconto, un saque de banda en longo sacado por Fornas, crearía un barullo na área que traste aproveitaría tras un disparo de Xende para poñer o 0-1 final.

O Chantada B afrontará o próximo Sábado a segunda cita ligueira fronte a residencia B no Sangoñedo.