Os xuvenís vencen 1-5

 

no último encontro

 

de pretempada

 

 

www.sdchantada.com/ 07-08-15

 

O equipo xuvenil goleou na súa visita ó San Roque pese a comezar o encontro por debaixo no marcador.

O Chantada comezou frouxo e fixo que o equipo local se puxera por diante no marcador, despois dun erro defensivo nun saque de banda. Pero pouco tardaría en empatar o encontro David despois dunha boa xogada persoal e un gran disparo dende fora da área que o gardameta local non puido rexeitar.

Xa chegando o final da primeira metade, nun balón longo ca defensa lucense despistada, Hugo aproveitaría para poñer os nosos por diante no marcador.

Na segunda metade xa se viu unha mellor versión do equipo xuvenil, que saliu máis centrado e coas ideas claras. Pouco tardaría Dani Otero en perforar a meta local por terceira vez un bo disparo lonxano.

Os dous últimos tantos chegarían nos minutos finais, os dous obra de Soulai, que no primeiro remataria un pase atras de Dani Otero, e no segundo, logo dunha gran xogada de Pichu, tiraríase o chan para rematar o fondo das redes.

Os xuvenís comezan a competición o próximo Sabado en Pontevedra contra o C.D.Lérez ás 12:00.