Os cadetes empatan

 

sen goles no último

 

encontro de

 

pretempada

 

 

www.sdchantada.com/ 07-08-15

 

O equipo cadete disputou o Sábado o derradeiro amigable de pretempada fronte o pobellón promesas. Tratábase da proba máis seria ata o de agora, xa que este rival competirá na mesta liga que o equipo de Traste.

O resultado final foi de empate sen tantos, que reflexa a igualdade que existiu durante os 80 minutos.

O encontro comezou sen un dominador claro, aínda que co paso dos mínutos foi o Chantada o que tivo máis presencia en ataque, tendo varias oportunidades para abrir o marcador, sendo a máis clara un remate de David que atallou ben o cancerbeiro visitante. A primeira parte rematou con acercamentos perigosos dos dous equipos, que ningún logrou concretar en gol.

Xa no segundo tempo, o pabellón fíxose co dominio do balón, destacando un man a man dun xogador ourensán que desbaratou ben Álex. Ningun dos dous equipos tivo facilidades para superar un bo traballo defensivo de ambos conxuntos, polo que o encontro terminou con un xusto empate, sendo un bo adestramento antes do comezo do campionato ligueiro.

O equipo cadete comezará a liga o próximo Sábado as 12:00 contra o velle B, no que tratarán de sumar os tres primeiros puntos para comezar con bo pé a competición oficial.