O Chantada empata 1-1

 

 nunha parte para cada

 

 equipo

 

www.sdchantada.com/ 14-08-15

 

O Chantada empatou a un tanto contra o Lemos na cuarta xornada da Preferente Galicia.

O derbi comezaría trabado e con moitos fallos de precisión, pero foi o Chantada o primeiro e facerse co balón e crear sensación perigo, con contras ben levadas por Samu, Anxo e Denis, pero sen poñer en moitos apuros a Melendo.

Chegando ao descanso o Lemos disporía dunha boa ocasión nas botas de Varela que dsipararía por enriba do marco defendido por Javi.

Xa na segunda metade, un balón roubado por Castro, no que busca ben a carreira de Denis, facilitaría o tanto do Chantada, despois dunha mala saída do porteiro local. A partir do tanto visitante os locais melloraron e foronse ó ataque ata que no minuto 73 un balón rexeitado na área do Chantada golpearia na man de Roman e o colexiado marcaría os once metros, penalti que poría un empate no marcador.

O Chantada recibirá a vindeira xornada á Sarriana no Sangoñedo.