O Chantada B golea por

 

8-0 á residencia B

 

www.sdchantada.com/ 14-08-15

 

O Chantada B comezou goleando no seu primeiro partido oficial da tempada no Sangoñedo.

O Chantada xa comezou forte, e nos primeiros minutos, Xende, marcaría o primeiro tanto nun rechace do porteiro, logo dun corner ben rematado por Javi Ramos. Pouco tardaría Fornas en poñer máis marxe no marcador, definindo ante o porteiro primeiro e  empuxando o balón despois, en dous grandes pases de Xende. Chegando ao descanso sería Michi quen poría o 4-0 no marcador nunha falta directa por encima da barreira.

Na segunda metade continuou o dominio local, e sería Pulpix quen marcaria o quinto a saída dun saque de esquina. Os últimos 20 minutos de encontro o Chantada B xogaría con un home menos pola vermella directa vista por Rodrigo.

O Chantada pese a quedar con dez xogadores continuou atacando e Michi anotaría de novo, esta vez logo dunha boa xogada personal e boa finalización desde o borde da área.

Javi Ramos marcaría o séptimo tanto despois dun bo disparo dende a frontal, e o octavo e derradeiro gol do encontro anotaríao Saúl despois dunha gran cabalgada.

O equipo de Marolas visitará o vindeiro Domingo as 17:00 horas ao Sober de Perri, campo no que buscará continuar coa boa xeira de resultados.