O equipo xuvenil

 

 

empata 1-1

 

www.sdchantada.com/ 14-08-15

 

Os xuvenis sacan un valioso punto dun campo que asemella dificil. Os nosos comezaron metidos atrás xa que o dominio da posesión levariao o Lérez durante o encontro, pero sería o Chantada o primeiro en avisar, cun disparo de Dani Otero que se estrelaría no poste.

A primeira parte remataría sen máis ocasións de gol, pero no comezo da segunda, o Lérez adiantariíse logo dun balón longo ben rematado polo dianteiro Pontevedrés.

O Chantada comezou a atacar en busca do empate, empate que chegaría picando o final do encontro, David remataría dende fora da área un balón que terminaría nas redes. Pouco despois, os nosos mesmo puideron remontar, xa que Dani Otero erraría unha boa ocasión nun man a man co porteiro local.