O Chantada cae 0-1

 

ante a Sarriana

 

 

www.sdchantada.com/ 19-08-15

 

A Sarriana levouse os tres puntos do Sangoñedo despois de que Marino marcase o tanto cerca do minuto 65 de encontro.

O Chantada comezou ben defensivamente, e o partido dispuxo de poucas ocasións de gol. Na primeira metade os gardametas a piques tiveron traballo. O chantada tería unha nun corner rematado por Kadete que atraparía con certa facilidade o porteiro visitante. Xa chegando ao descanso o árbitro anularía unha xogada por dubidoso fora de xogo cando Denis se plantaba só.

Na segunda metade continuaron as poucas ocasións, pero Marino aproveitaría unha delas para poñer á Sarriana por diante logo dun gran pase atrás e unha boa definición. Os nosos  seguiríano intentando ata o final do encontro, pero sen éxito.

O Chantada, que encadena xa catro xornadas sen gañar, buscará a vindeira semana terminar ca mala racha ante o dubra a domicilio.