O Chantada B perde

 

en Sober

 

 

www.sdchantada.com/ 21-08-15

 

O Chantada B perde o primeiro encontro da tempada ante o Sober a domicilio.

Os nosos caeron nun partido aberto, que puido levarse calquera. na primeira metade os chantadinos disporían de varias ocasións nas botas de Javi, Xende e Michi, e na cabeza de Púlpix que estrelaría un balón no poste tras unha falta lateral ben botada por Isaac.

chegando ao minuto 30, o Sober poríase por diante, nunha xogada polémica, xa que os nosos reclamaron que o balón saíra do terreo de xogo antes do entrar na portería de Rays.

Xa na segundo metade pese a insitencia chantadina sobre o marco local, o Sober distanciaríase no marcador.

O Chantada seguiuno intentando,  e xa pasado o minuto 80, Javi Ramos recurtaría distancias. pouco despois, os nosos disporían dunha ocasión para poder sair cun punto, pero Amancio estrelaría o balón no longueiro.

O filiar chantadino continuará a tempada o sábado que ven as 16:15 no Sangoñedo fronte o San Lázaro.