Os Xuvenís vencen

 

ao Santa Teresita

 

www.sdchantada.com/ 21-08-15

 

O equipo de Dani logrou vencer pola mínima ao tamén recien ascendido Santa Teresita con gol de Khedi. Para colocarse asi con 4 puntos dos 6 que posibles.

Os chantadinos comezaron o encontro moi serios defensivamente, e propoñendo máis que os ourensáns, esto veríase reflexado cando Roberto rematou unha falta lateral coa testa, no cal, cando xa se celebraba o gol, o porteiro visitante socou unha magnifica man. Non foi o único porteiro que logrou lucirse, xa que pouco despois os visitantes probarían a Ferre, que sacou as súas espectaculares mans a relucir, en dúas moi boas ocasións.

Logo do descanso, continuou a seguridade defensiva ca que, únida ao bo xogo colectivo, faría que Khedi os adriantará despois dunha boa parede con David ó borde da área.

Mais tarde, Povis, nunha moi boa xogada personal, pudo poñer máis distancia no marcador, pero o gardamenta faría outra gran parada.

Os de Dani buscarán para a semana seguir ca boa xeira de resultados ante o Céltiga a domicilio.