Os cadetes comezan

 

empatando 3-3

 

www.sdchantada.com/ 21-08-15

 

Os cadetes lograron un empate merecido en Monfote, ante o Calasancio B, nun partido loco, xa que comezaron gañando 2-0 e os locais lograron remontar, para finalmente volver empatar o Chantada nos minutos finais.

Joselu marcaría o primeiro tanto de falta aos poucos minutos de encontro, e un minuto despoius, Jackson, poría máis distanciamento no marcador, cun potente disparo no que o porteiro monfortino non puido facer máis.

Xa na segunda metade, o calasancio remontaría o encontro, marcando os tres tantos en apenas 20 minutos. Pero cando mellor estaban os monfortinos, David marcaría un moi bo tanto, axustando o balón ao pao dende fora da área, nun rexeite dun córner.

 

Despois de esto, os nosos viñeronse arriba, e mesmo puideron gañar o encontro logo de que o porteiro local rexeitara, nunha boa xogada colectiva, un pase de Jakson atrás.

Con este resultado os cadetes logran o primeiro punto no primeiro encontro oficial da tempada.