O Chantada B volve

 

a vencer fora da casa

 

www.sdchantada.com/ 19-08-15

 

O Chantada B volve a vencer fora da casa despois da mala racha que acumulaba a domicilio. Os de Marolas, pese a comezar perdendo, lograron remontar nunha moi boa primeira metade na que puideron ata sentenciar.

Os de Marolas saíron ben ó encontro, que comezou cun par de achegamentos finalizados por Michi e Fornas que atallaría ben o porteiro local. Pero no minuto 9 de encontro Felipe adiantaría ó Friol despois dun bo remate dende a frontal no rexeite dun córner que sorprendería a Guiti.

A partir do tanto local os nosos volcaronse ó ataque e comezou a remontada, o primeiro tanto nun moi bo remate de Efrén ca esquerda dende a frontal da área. E o segundo, do propio Efrén, despois dunha boa cabalgada definiría a dereita do porteiro.

A primeira metade continuaba marcada por un Chantada B coa posesión do balón e xerando moitas ocasións. Marros dispararia un tiro lonxano o longueiro, e michi un disparo que fixo lucir o gardameta local.

Xa chegando ó descanso Fornas aproveitaría un bo pase de Xende á contra para ampliar a distancia no marcador.

Na segunda metade, pese o tanto e o dominio local, os de Marolas aguantaron e lograron sacar os 3 puntos dun campo dificil.