O Chantada empata

 

2-2

 

www.sdchantada.com/ 19-08-15


O equipo de Alberto López émpata 2-2 ante o Ribeira nun partido irregular.

O Chantada comezaría ben, e no minuto 23, despois dunha gran xogada de Joserra, Iago marcaría o 1-0. Pouco duraría a alegría, xa que apenas 5 minutos despois Diatta empataría para os de Ribeira nunha boa vaselina sobre Javi.

A segunda metade seguiría coa maior parte do xogo no medio do campo nun encontro moi disputado, Iago remataria outro bo centro de Joserra o fondo das redes, pero este sería anulado por fora de xogo.

Xa na segunda metade o Ribeira poríase por diante cun tanto de Pablo. O chantada reacionou e Denis despois dun gran balón de Joserra dende a banda dereita marcaría cun bo testarazo. Os de Alberto seguirono intentando e mesmo puideron a porse por diante nunha ocasión de Kadete a saída dun córner e cun penalti moi protestado sobre Iago que o árbitro non sinalaría.