O Chantada B golea o

 

 

Corgo e colócase lider

 

 

www.sdchantada.com/ 26-08-15

 

 

O Chantada B vence por 4-0 nunha moi boa primeira metade e colócase lider tras aproveitar o tropezo do Bóveda.

O filial chantadino comezou moi ben o encontro e meteu ós visitantes no seu propio campo dende un principio.

O primeiro tanto, obra de fornas, chegaría no minuto 15 despois dun moi bo pase entre lineas de Michi. O chantada B non se conformaría e pouco despois, Rubén aproveitaría una moi boa falta botada por Cristian para poñer o 2-0.

Xa chegando ó descanso Michi marcaría un tanto que xa deixaría o encontro sentenciado despois dunha moi boa xogada combinada.

A segunda parte volveuse máis trabada e o Chantada B seguiría co dominio de balón pero logrando menos profundidade, o último gol marcaría Cristian de penalti despois de que derribaran a Michi dentro da área.