O Chantada B empata

 

en Bóveda e segue lider

 

www.sdchantada.com/ 02-08-15

 

O Chantada B empata no Hermanos Somoza e segue lider da Segunda Autonómica, dous puntos por encima do Bóveda, que segue segundo e a tres puntos do terceiro.

O equipo de Marolas comezou moi concentrado en defensa, o que fixo que o Bóveda apenas creara ocasións de gol. O partido xogouse no centro do campo, con ambos equipos intentando facerse ca posesión do balón pese ó estado do terreo de xogo.

 A liña adiantada do equipo local faría que os visitantes crearan perigo á contra, e ó pouco de comezar o encontro, Xende teria un man a man que salvaría Macía.

 Tamén Efrén disporia dunha ocasión que desbarataría o cancerbeiro,  e que no rexeite non se sinalaría un posible penalti sobre Fornas. Xa chegando ó final da primeira metade, Xende dispararía un zurdazo alto nunha boa ocasión.

Na segunda metade o Chantada B mellorou e dominou os primeiros minutos de encontro con bo xogo e ocasións, ata que chegou o gol de Efrén, despois dun bo pase de Xende que aprveitaría Rubén para deixalo só e definir a pracer.

A partir de aí o Bóveda botouse ó ataque e comezou a colgar balóns á área visitante, ata que no rexeite dun córner Fede aproveitaria para asistir a Ivan que marcaría ca testa.

Nos últimos minutos de encontro os tres puntos puideron caer hacia calquera dos dous equipos; Fede dispararía unha boa falta que sacaría Guiti. E nunha boa xogada na que derriban a Efrén de novo dentro da área. Pero non houbo máis tantos e o resultado final foi de empate.