Os cadetes non logran

 

puntuar na súa saída ó

 

 campo do lider

 

www.sdchantada.com/ 02-08-15

 

 

Os cadetes non puideron puntuar na súa visita ó Barco.

O equipo cadete afrontou o sábado unha difícil saída ó Barco, equipo situado na primeira posición na táboa clasificatoria e que demostrou un gran potencial. A pesar diso, o equipo de Traste deu unha moi boa imaxe, contando con opcións durante gran parte do choque.


O encontro comezou con dominio do balón do equipo local, pero sen facer dano aos nosos en ningún momento. O Chantada esperaba replegado e materializar un dos numerosos contragolpes cos que contou durante a primeira parte do encontro. Ao pouco de comezar, o árbitro anularía a un gol a Joselu por un rigoroso fóra de xogo. Antes dos 20 minutos seguíanse repetindo opcións claras para os chantadinos. A máis salientable foi un man a man de Javier, que non certificou o gol cando xa parecía que se desequilibraría o marcador. Si o faría o Barco pouco despois, poñendo o 1-0 tras unha acción a balón parado cando o encontro parecía cómodo para os visitantes. A primeira parte remataba co seguinte gol do Barco, tras unha boa acción individual. Con este resultado chegabase o descanso, que non reflexaba o visto ata ese momento. 


Na segunda parte seguía a mesma dinámica de encontro. Entrados xa nos últimos vinte minutos, cando xa os de Traste arriscaban máis para acercarse no marcador, chegaría a sentencia dos locais tras un bo disparo desde fóra da área. Finalmente, chegaría o 4-0 que para nada reflexaba as dificutades nas que puxeron os chantadinos a un gran rival.

Tras esta xornada, os cadetes seguen séptimos a dous puntos da clasificicación entre os 5 primeiros que lles permitiría xogar a fase final cos mellores da categoría. Faltan por disputarse dous encontros, o seguinte no Carballiño fronte o Arenteiro, que contan con 3 puntos menos que os nosos.