O Chantada empata sen

 

 goles ante o segundo

 

clasificado

 

www.sdchantada.com/ 02-08-15

 

O equipo de Alberto López volveu amosar unha boa cara na casa ante o Bertamiráns, sacou un punto ante un rival que loita nos postos de arriba, e mesmo puideron levarse a victoria.

A primeira metade comezou pouco vistosa e sen claro dominador. Tan só a destacar unha ocasión para cada equipo; a do chantada foi nas botas de Samu, que lanzou o pau tras unha moi boa triangulación. A ocasión visitante sería un disparo dende fora da área que atrapou Javi sen problemas.

Xa na segunda metade o Chantada saíu mellor e dominou o primeiro tramo, con ocasións, de Joserra, que sacou a defensa baixo paos, e dúas de Román ca testa.

O Chantada suma asi cinco xornadas sen coñecer a derrota e a vindeira xornada visitará o Paiosaco, único equipo invicto da categoría.