Os xuvenis volven

 

 gañar a costa do

 

 Porriño

 

www.sdchantada.com/ 02-08-15

 

O equipo de Dani golea na casa nun partido completo e dominado de principio a final.

A primeira metade terminou sen tantos, pero pese a eso os nosos dispuxeron de ocasións para levar un mellor resultado ós vestiarios. Povis, disporía de dúas boas ocasións na primeira metade; na primeira nun bo pase de Victor, que erra no control. Na segunda, un man a man que define ás mans do gardamallas visitante.

Tras o paso polos vestiarios o dominio local incrementouse, pero non sería ata o minuto 70, no que Povis poría por diante ó Chantada cun bo remate a esquerda do porteiro. Pouco tardou de novo Povis en por o 2-0 nunha xogada semellante, pero desta definindo ca testa.

Xa no desconto Pichu sentenciaría, o que fai que se coloquen de novo na zona alta da táboa.