Os cadetes vencen

 

por 2-5.

 

 

www.sdchantada.com/ 10-11-15
 

O equipo de Traste vence por goleada no Carballiño nun partido dominado de principio a final.

O encontro comezou con dúas rápidas ocasións  do Chantada para Javier e Anxo, que erraron na definición. Pero sen embargo sería o Arenteiro o primeiro en subir o tanto ó marcador no minuto 10.

Pouco despois Jackson acurtaría distancias e o dominio volveu a ser para os visitantes que se volcaron ó ataque.

Pero non sería ata despois do descanso, cando Jackson de novo batería ó porteiro local en outros dous mans a mans para así lograr o seu hat-trick personal.

Pouco despois Pablo faría o cuarto cun bo disparo dende o borde da área, os locais acurtarían distancias pero Congui poñería o derradeiro 5-2 no marcador.