O Chantada B vence por

 

3-0

 

 

www.sdchantada.com/ 10-11-15
 

O Chantada B segue co peno de victorias na casa tras superar ó San Roque por 3-0.

O encontro comezou sen claro dominado, coa posesión dividida pero sen ocasións, ata que Xende se inventou un marabilloso tanto dende a frontal da área para poñer ó filial chantadino por diante.

A partir de aí o equipo medrou en ataque e antes de chegar ó descanso Efrén poría o segundo tanto no marcador.

Na segunda metade o encontro comezou ca mesma dinámica e Rodrigo sentenciaría tras unha boa definición nun man a man.

O Chantada B segue lider da categoría e aproveirou o pinchazo do Bóveda para ampliar a catro a marxe co segundo clasificado.